Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha profesora do IES de Foz está a realizar unha estadía de prácticas en Italia

Unha profesora do IES de Foz, Conchi Carreiras, está realizando unha estadía de prácticas en Italia

Foz, 21 de xullo, 2022. A vicedirectora e coordinadora de proxectos europeos do IES de Foz, a profesora Leticia Maseda, explica que Conchi Carreiras “durante 15 días aprende da man dos mellores a técnica dos pizzaioli italianos e tamén receitas propias da rexión de Basilicata, que lle ensinan cociñeiros como Claudio Calabrese e Franco López, propietarios de Il Ruggini e mestres pizzeros en Italia con recoñecido prestixio”.

Franco López e Claudio Calabrese estiveron impartindo docencia no IES de Foz en febreiro de 2019 e visitando A Mariña, onde incluso valoraron a posibilidade de abrir un restaurante italiano.

Exit mobile version