Site icon Crónica3.com A Mariña

A partir do 2 de setembro o Castelo de Castrodouro de Alfoz, onde está localizada a Oficina de Información Turística, abrirá venres, sábados e domingos en horario de mañá de 11:00h a 14:00h e pola tarde de 17:00h a 20:00h ata o día 2 de outubro

No interior do Castelo, símbolo do Concello de Alfoz, pódese disfrutar de varias exposicións: Antigas Escolas, Pintura de Hipólito Xeada e II Concurso de Fotografía “Alfoz en primavera” e sen dúbida, das magníficas vistas desde a súa azotea desde a que se abarca todo o val. O entorno do Castelo de Castrodouro, xunto á Igrexa de San Salvador do Castro conta cunha área recreativa ideal para disfrutar coa familia e amigos. É, sen dúbida, unha visita máis que recomendable.

Exit mobile version