Site icon Crónica3.com A Mariña

A problemática da eólica mariña centrou o debate na Feira Produart

Burela, 6 de agosto, 2022. Dentro da programación da XX Feira Produart, este sábado celebrouse a conferencia sobre «A pesca ante a eólica mariña», problemática sobre a que debatiron Torcuato Teixeira, portavoz da Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños, e Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías e Patrón Maior da Confraría de Burela. A xornada comezou coa presentación de Alfredo Llano, presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, que moderou o debate e deu paso aos dos participantes.

O patrón maior da confraría de pescadores de Burela, Basilio Otero, asegurou que, se ben o sector pesqueiro aposta polas enerxías renovables, esta loita contra a implantación da industria eólica mariña nos caladeros de pesca é pola defensa dun modo de vida e traballo e sobre todo a preocupación polo futuro do sector e das familias que viven do mar.

Pola súa parte, Torcuato Teixeira explicou o contido do “Manifesto Burela” desde a “Plataforma Manifiesto de Burela en defensa do sector pesqueiro do Cantábrico-noroeste”, que está integrado por diversos colectivos do sector pesqueiro español e que alerta do grave impacto que terían nos caladeiros a instalación dos “polígonos eólicos” planeada polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, que acabará con cientos de puestos de trabajo de pescadores y afectará a los caladeros pesqueros.

A feira Produart, ubicada na nave de redes do porto de Burela e con entrada gratuíta, promociona os produtos locais, artesanais e tradicionais, e tamén aqueles produtos anovadores que difunden e recuperan a cultura ecolóxica, cunha clara intención de estimular e fomentar iniciativas, recursos e produtos que se atopen no marco da economía sustentable.

A clausura da feira terá lugar este domingo ás 13:00h a cargo de Alfredo Llano, presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, e Mayra García, alcaldesa de Trabada que, en representación da Deputación Provincial de Lugo, poñerá o peche oficial a esta vixésima edición da cita.

De todas formas a feira permanecerá aberta ata a noite do domingo, acollendo a 44 expositores de diversa orixe, desde artesanía tradicional e produtos naturais-ecolóxicos, alimentación (tanto perecedeira como elaborados e conservas), artesanía, natureza e medio ambiente.

Exit mobile version