Site icon Crónica3.com A Mariña

Antía Pérez ficha polo CD Burela FS: calidade e futuro para as Guerreiras

Antía Pérez é unha das xogadoras galegas da nosa liga con máis proxección.

Burela, 5 de agosto, 2022. Desde a directiva do CD Burela FS anunciamos o primeiro reforzo do equipo feminino para a tempada 2022/23, a á-pivote española Antía Pérez.

Co obxectivo de seguir construíndo un conxunto de calidade e cun longo futuro por diante, CD Burela FS decidiu fichar á internacional española procedente do Sala Zaragoza.

Antía Pérez é unha das xogadoras galegas da nosa liga con máis proxección, e estamos seguros que será unha peza importante para as Guerreiras Laranxas no futuro.

A pivote formouse nas categorías inferiores do Ourense Envialia, estivo varios anos competindo en Poio Pescamar e a campaña pasada defendeu as cores do Sala Zaragoza. Agora ficha polo CD Burela FS, un club onde poderá seguir crecendo e demostrar a súa calidade en primeira división, co obxectivo de loitar por todo.

Ademais, Antía empeza a ser unha habitual nalgunhas das concentracións da Selección Española, algo que se gañou con suor grazas o seu bo rendemento no 40×20 cada xornada. Esperamos que con Antía o conxunto de un bo salto de calidade e poidan lograrse os obxectivos da tempada.

Exit mobile version