Site icon Crónica3.com A Mariña

Arias participa na presentación da XXXII Semana Náutica De Ribadeo, que comeza o vindeiro sábado

Lugo, 3 de maio de 2022. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta tarde na presentación da XXXII Semana Náutica que se celebra na ría de Ribadeo dende o vindeiro sábado e ata o 21 de agosto, organizado polo Real Club Náutico desta vila mariñá.

Arias indicou que este evento é unha oportunidade para descubrir as actividades náutico deportivas que se desenvolven nesta localidade e supón un aliciente máis para o turismo da zona.

O delegado territorial anunciou que ademais das tradicionais regatas, charlas sobre o coidado do mar, bautismos de mergullo e cursos sobre como facer un nó mariñeiro, disputarase o IV Trofeo Xunta de Galicia para o mellor patrón e patroa de vela tradicional e cruceiro local.

Exit mobile version