Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou en Ribadeo o XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que organiza Apaga

Ribadeo, 23 de agosto de 2022. Comezou en Ribadeo esta mañá o XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga e ao que asisten 40 alumnas e alumnos chegados desde diferentes puntos da xeografía española. No acto de inauguración interviñeron Álvaro Doural, presidente de Apaga (Asociación de Profesores Técnicos e de Enseñanza Secundaria de Automoción de Galicia), María José Gómez Rodríguez, xefa territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, Pablo Rivera Capón, deputado da Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo e Mónica Freire Rancaño, alcaldesa en funcións de Ribadeo.

O Fórum de Apaga desenvolverase ata o venres. Ten unha duración de 32 horas e está homologado pola Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade. O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, tivo palabras de agradecementos para as administracións e para as empresas privadas, que coa súa axuda fan posible que esta cita se siga a celebrar: “agradecer a todas las empresas, porque como podéis ver en el díptico, a parte de las entidades aquí representadas, entidades públicas, hay un número importante de empresas privadas que colaboran con esta actividad. Sin la participación, especialmente económica de ellas, sería imposible poder realizar esta actividad. Son empresas con las cuales Apaga tiene una relación bastante intensa, que colaboran en otro tipo de acciones formativas. Creemos que una de las funciones, aunque el objetivo principal es la formación continua de nuestros socios, desde hace años se ha abierto otra posibilidad, en su momento se cambiaron estatutos y se creó la posibilidad de que la gente que está en la empresa pueda incorporarse a Apaga también”.

Doural tamén aludiu aos proxectos europeos Erasmus+: “otra cosa importante en Apaga es el tema de Erasmus, algo muy motivador, muy interesante, tanto para alumnos como para profesores, y en este momento contamos con la acreditación europea de Erasmus. Tenemos toda una serie de proyectos en marcha, algunos que terminan precisamente este mes, y un proyecto sobre la formación de aprendices que va a generar una red a nivel europeo de entidades que quieran participar en lo que es la formación de los aprendices, entidades, empresas y centros educativos. Es una red que en este momento ya está funcionando, y que nos van a ir incorporando toda una serie de entidades de los países de la Unión Europea y de los que están ahí también para incorporarse, como el caso de Turquía y otros países”.

O presidente de Apaga contou que “también este año vamos a hacer una prueba, estamos en un mundo digital, y es una pena que todo esto que se hace en cuatro días no tenga una visibilidad mayor, entonces vamos a intentar compartir esta formación a través de los canales de YouTube y otros. Mañana vendrán los técnicos a hacer alguna conexión, porque nos lo han pedido socios nuestros, que están por ejemplo en las Islas Canarias y resulta bastante complicado venir aquí estos días. Entonces se van a hacer esas conexiones para que se puedan ver también las conferencias y algunas actividades, como prueba, y el año que viene vamos a intentar que eso funcione con normalidad”.

E engadiu: “después, en relación al programa, como todos los años, incorporamos un empresa de la zona, en este caso una que está afincada en A Pontenova, un pueblo de al lado, vecinos, que se dedica a la construcción de camiones especiales para la recogida de basura en cascos antiguos en los que no pueden entrar camiones de grandes dimensiones. Es una empresa que está arrancando y vendrá uno de los técnicos a explicarnos todo lo que están haciendo allí. Y después hay un taller también importante, que es sobre las redes sociales, que vendrá un técnico para explicarnos cómo podemos aprovechar todos esos recursos que están ahí. Espero que todo os vaya bien, con la idea de que todo vaya bien y que paséis unos buenos días aquí, se hace todo esto”.

O alumnado que asiste ata o venres ao XI Fórum de Innovación e Formación Sobre Vehículos procede de lugares como Murcia, Zamora, Madrid, Ribadeo, Pontevedra, Ourense, A Coruña e Lugo.

Apoio do Concello e a Deputación

Mónica Freire, alcaldesa en funcións de Ribadeo, asistiu ao acto de inauguración e na quenda de intervencións apuntou: “quixera darvos a benvida no nome do Concello a todos e a todas, aínda que é unha pena que non haxa máis mulleres participantes, pero seguro que Álvaro saberá seguir enganchando a esa parte da poboación. Como dicía, dende o Concello vos damos a benvida e agardamos que estes catro días que ides pasar aquí sexan moi proveitosos, que seguro que van a ser así”.

A rexedora manifestou: “queremos dar a noraboa a Apaga, á asociación en xeral e a Álvaro Doural en particular, polo seu traballo e pola súa implicación coa formación para organizar este xa XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, e por elixir de novo Ribadeo para facelo. E para vos, para os alumnos e para as alumnas deste Fórum, vos esperan estes catro días 32 horas de formación, cun programa moi completo, cheo de obradoiros, cheo de conferencias e de moitas actividades mais, pero dende o Concello agardamos que teñades un oco para visitar e para coñecer os diferentes recunchos de Ribadeo, nos que seredes moi ben recibidos”.

Pola súa banda, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón,
lembrou que a Deputación colabora con esta xornada cunha achega económica de 3.000 euros “polo seu compromiso co coñecemento e coa formación neste sector, tan importante para o desenvolvemento económico do noso país”, explicou o Deputado, quen, neste sentido, destacou que a automoción “representa arredor dun 15% do PIB galego, cunha facturación de 11.200M€. Cunha participación nas exportacións de entorno a un 28%, o sector supera os 23.000 empregos directos repartidos en 200 empresas, e é tamén unha fonte importante de xeración de emprego indirecto”, destacou o Deputado.

Pablo Rivera subliñou que “o carácter interdisciplinar” da xornadas “é unha das razóns do seu éxico e consolidación” e que, un ano máis, “un dos atractivos” do encontro “o debate en torno ás novas tecnoloxías” porque “falar da innovación tecnolóxica nos automóbiles, autobuses e vehículos industriais é falar do futuro da súa industria e do conxunto da sociedade. A crise enerxética desencadeada debido á guerra de Putin en Ucraína non vén senón reforzar a necesidade de promover modelos de mobilidade que garantan o tráfico das persoas e as mercadorías, pero poñendo o acento na sostibilidade e no respecto polo medio ambiente”.

Exit mobile version