Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa en Ribadeo o XI Fórum de Innovación e Formación sobre vehículos, organizado por Apaga

Ribadeo, 24 de agosto de 2022. Segue en Ribadeo o XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, organizado por Apaga.

Esta mañá desenvolvéronse dúas charlas. A primeira versou sobre a evolución dos sistemas de xestión de motor Bosch. Foi impartida por Jaime García Aguado, do departamento de Formación de Robert Bosch España S.A. E a segunda tivo por protagonista á empresa da Pontenova Buxo Especial Trucks. Pablo Labrada Gasalla, do departamento técnico, faloulles aos asistentes da tecnoloxía Buxo. Esta firma é a convidada neste 2022 ao XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos.

Durante esta mañá tamén foron presentados os resultados dos proxectos Erasmus+ nos que participa a Asociación de Profesores de Automoción de Galicia e foi presentado o plan estratéxico de internacionalización de Apaga.

Os 40 participantes, chegados desde as catro provincias galegas e desde Madrid, Murcia e Zamora, realizarán esta tarde unha visita ao casco histórico de Viveiro e tamén ao Fuciño do Porco no Vicedo.

O XI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos seguirá nas instalacións de Vilar ata o vindeiro venres, día 26.

Exit mobile version