Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristina Lourés renova co CD Burela FS

Burela, 3 de agosto, 2022. Desde CD Burela FS anuncian a renovación de Cristina Lourés, unha das xogadoras galegas de fútbol sala con máis proxección na actualidade, que continuará ligada ao noso club nos próximos anos.

A xogadora galega estará cedida esta tempada en Viaxes Amarelle FSF, un club no que poderá seguir crecendo como xogadora mentres remata os seus estudos.

CD Burela FS confía en que Cristina será en pouco tempo unha xogadora importante dentro do panorama nacional do futsal feminino e espera contar con ela no futuro para reforzar a súa plantilla.

Exit mobile version