Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Vega: “Sempre defendimos e colaboramos para que a música tradicional chegen as festas do noso concello”

O Grupo Municipal xestionou o orzamento para que todas as comisions teñan nas suas estas musica tradicional con grupos de Ribadeo

Ribadeo, 2 de agosto de 2022. Daniel Vega, portavoz do PP de Ribadeo, agradeceu o traballo da comisión organizadora das festas de Vilaframil durante a súa presentación: “Sempre colaboramos coa comisión organizadora para que a música tradicinal chegue ás festas do noso concello e perduren no tempo” dixo.

Vega destaca a participación de grupos locais da vila nos festexos pois “queremos que a tradición continúe e debemos colaborar económicamente con eles para que sigan formando moitos mozos e mozas do noso concello”.

A maioría destas bandas musicais son de Ribadeo e sempre están a amenizar as festas nas sesións vermú, na procesión das rúas e tamén animando cos pasacallescos pasacalles e en definitiva, poñendo en valor as festas patronais. Por iso, o obxectivo deste apoio é a perduración e potenciación da música galega a través da mellora e profesionalización destes grupos locais.

Exit mobile version