Site icon Crónica3.com A Mariña

Deportivo Abanca e Real Oviedo disputarán este domingo a segunda edición do Trofeo Emma Cuervo Feminino

Ribadeo, 25 de agosto, 2022. Será ás 18 horas no Campo de futbol Pepe Barrera de Ribadeo.

O Ribadeo FC, como organizador do Emma Cuervo, comprométese coa organización do trofeo Emma Cuervo Feminino, dando o mesmo trato que o masculino.

O trofeo consiste nunha reprodución en cerámica de Sargadelos da Torre dos Moreno e de Illa Pancha, dúas iconas de Ribadeo.

É importante destacar a importancia que está tendo o futbol feminino, contando cada vez con máis practicantes e espectadores, circunstancia que se tivo en conta pola organización.

Exit mobile version