Site icon Crónica3.com A Mariña

Eloy de Pablos convocado coa Selección Española Sub-19

Burela, 10 de Agosto,2022. A nosa recente fichaxe xa se incorporou á convocatoria da Selección Española sub 19 de Fútbol sala, debido á concentración que está a ter lugar desde o 8 ata o 21 de agosto.

O xoven xogador está a preparar o EUROPEO SUB 19, adestrando nas mellores condicións. Para o club significa moito achegar xogadores á selección, e esperamos que Eloy sexa importante nesta convocatoria.

Eloy de Pablos xa foi convocado coa selección Española sub-19, e posteriormente pola selección Española sub 21. Que demostra a súa validez na selección e que é un dos canteiráns con máis importancia do panorama nacional. É un xogador relevante que vén estando fixo na selección desde a súa chamada inicial.

Con motivo desta concentración, prepararase e competirá coas máximas esixencias, polo que á súa volta vai chegar nun estado óptimo para incorporarse aos seus compañeiros no resto de días de preparación antes de que empece a primeira xornada de liga.

E algo moi beneficioso para o club e xogador, e esperamos que consiga o máximo posible

Exit mobile version