Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres terá lugar unha observación astronómica en Ribadeo para a que aínda queda algunha praza libre

Ribadeo, 22 de agosto de 2022. Este venres, 26 de agosto, terá lugar unha observación astronómica en Ribadeo. A Universidade de Santiago de Compostela, a través do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, xunto co programa O teu Xacobeo organizan en varios concellos de Galicia o programa de astronomía A Vía Láctea e outros motivos xacobeos do camiño.

En Ribadeo esta cita, coa que colabora o Concello, será este venres, dia 26. Comezará as 21:30 horas na Casa do Mar cunha charla sobre temas astronómicos de interese. E despois haberá unha observación astronómica na Praia dos Bloques as 22:15 horas coa que se completará unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas ao mesmo tempo que se goza dunha noite de verán.

Aínda queda algunha praza dispoñible, polo que as persoas interesadas en inscribirse poden facelo no correo electrónico sostibilidade@ribadeo.org ou chamando ao 982 120 701.

Exit mobile version