Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición ’40 anos de carteis da Queimada de Cervo’

Cervo, 3 de agosto, 2022. Conta atrás para que regrese unha das Festas máis importantes de Cervo: A Queimada Popular, da que volveremos desfrutar grazas ao traballo altruísta da asociación Airiños do Xunco. Unha festa con máis de 40 anos de historia que sempre vai da man dunha iconografía única que non deixa indiferente a ninguén.

Cada cartel da Queimada é unha obra de arte, e o responsable non é otro que Xosé Vizoso.

Durante este mes de agosto, temos a oportunidade de facer unha viaxe pola historia da Queimada a través dos carteis que a representaron, obra do talento deste artista con maiúsculas.

A inauguración será este venres 5 ás 13:30, nas Escolas Vellas. Poderase visitar durante todo o mes de agosto, en horario de 10:00 a 13:00 horas

Exit mobile version