Site icon Crónica3.com A Mariña

Gandería Mantoño de Barreiros distinguida como a mellor granxa de cualificación final de toda Galicia

Barreiros, 9 de agosto, 2022. Este luns Fefriga (Federación Frisona Galega) fixo públicas as súas Distincións Honoríficas das mellores granxas de Galicia en 2021.

Gandería Mantoño de Barreiros foi distinguida como a mellor granxa de cualificación final de toda Galicia un ano máis e van xa 19 anos consecutivos no podium das 3 mellores.

No apartado de cualificación final englóbase todo o referido á morfoloxía dos animais , a xenética e as súas condicións de benestar animal , tan importante hoxe en día , e alimentación para que cheguen a demostrar o seu máximo potencial xenético .

En Mantoño viven actualmente case 200 animais de alta selecion e da mellor xenética en canto a vacún refírese a nivel mundial nun cortello deseñado para outorgarlles o máximo confort e coidados : camas de area , ventilación regulada , chans de goma etc etc. O seu leite destínase á coñecida e premiada queixería Entrepinares na súa planta de Villalba.

Mantoño ademas ten 2 títulos de mestre criador concedido en 2007 e 2018 pola asociación de ganderías de España (Conafe) e hai só uns meses a prestixiosa publicación Holstein International( a mais lida no mundo neste sector) reportábaa como unha das granxas mais destacadas a nivel europeo pola súa calidade.

Exit mobile version