Site icon Crónica3.com A Mariña

Muras, concello “Starlight”, convida a ver as bágoas de San Lourenzo

Muras, 11 de agosto de 2022. Gratuíto para todo o mundo. E non só: a observación estará guiada pola Agrupación Astronómica Coruñesa íO, escaneando o Código QR ou chamando ao concello.

Para gozar do espectáculo de estrelas fugaces, meteoros que en contacto coa atmosfera xeran friccións e unha fermosa incandescencia, o apoxeo das “Bágoas de San Loruenzo”, o punto de reunión será a Área de Autocaravanas do Viveiró. Na madrugada do venres ao sábado será momento de máxima actividade e cando poderemos chegar a ver máis de cincuenta estrelas fugaces cada hora baixo un ceo escuro e despexado. A observación das choivas de estrelas faise a ollo descuberto, máis se alguén quere levar os seus prismáticos daranse indicacións para o seu uso. Se non se teñen, a Agrupación ÍO levará algúns para emprestar e compartir. Quen queira facelo esa noite, tamén pode acampar.

As cidades non son o mellor lugar para gozar deste espectáculo pola contaminación da luz artificial. Muras, como concello Starlight, é inmellorable. De feito, e hai apenas unas semanas, na noite do 23 ao 24 de xullo, voltaba organizar unha observación astronómica para nen@s e pais con acampada incluída e almorzo por xentileza da organización cun charla impartida por Paulino Gasalla, coordinador da sección de astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural e a representación teatral de Tarabela Creativa: Teaser Astrolabios.

A limpeza dos ceos de Muras, en plena Xerra do Xistral e as inmellorables condicións de visión que achegan fan que dende 2020 sexa dos escasísimos espazos galegos que conta co selo da Fundación Starlight. Dende o concello comezouse a traballar en conseguilo dende 2018, conscientes de gozar dun enclave que reúne excelentes condicións para os afeccionados e amantes da astronomía. Por iso, ademais de iniciar as xestións para a obtención do selo, comenzáronse a organizar coa Sociedade Galega de Historia Natural acampadas nocturnas e obradoiros de astrofotografía para todos os públicos. Unha das mellores experiencias que se poden vivir na nosa natureza e á que Muras volve convidar para esta noite máxica.

Exit mobile version