Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG insiste en habilitar aseos públicos en Viveiro, máxime en época estival

Viveiro, 2 de agosto, 2022. O pasado 8 de xullo, o Concello de Viveiro a través das redes sociais facía saber que: “Abriranse os aseos do Templete da Música, para que poidan ser utilizados por persoas con mobilidade reducida. Estes servizos estarán habilitados dende hoxe, venres 8, e ata o domingo 10 de xullo.” Tendo en conta que dende agosto de 2021 existe unha moción do BNG aprobada cuxos puntos do acordo eran:

. Desenvolver o proceso necesario para licitar o uso do local situado no baixo desta instalación.

. Reabrir e pór a disposición da veciñanza os baños situados baixo o templete da música adaptándoos á normativa actual en canto a accesibilidade e servizos como un cambiador de cueiros.

E que en maio deste ano 2022 aprobabase tamén a moción do BNG para a habilitación de aseos públicos no Templete, San Roque e eventos multitudinarios cos seguintes ACORDOS:

. Que se executen os trámites necesarios en relación co acordo aprobado para reabrir e pór a disposición da veciñanza os baños das instalacións do Templete da Música.

. Cooperar coa comunidade de montes de San Roque para que os baños que existen nas inmediacións do parque permanezcan abertos.

. Incluír no orzamento de 2023 unha partida que permita a contratación do reforzo de aseos sanitarios durante a celebración de festas, eventos multitudinarios e tamén durante o período estival.

. Prever na medida do posible que as instalacións mencionadas estean adaptadas á normativa actual en canto accesibilidade e servizos, así como que dispoñan de máquinas expendedoras con material de hixiene persoal nos aseos.

Rogamos á alcaldía que informe e se explique sobre:

. Os trámites que se levaron a cabo para abrir os baños do Templete da Música durante a Feira Renancestista, e de porqué non permanecen abertos o resto do ano.

. Dos trámites que poidan ter desenvolto para abrir os baños de San Roque.

. Dos motivos para non prever de aseos durante as festas de Celeiro, entre outras.

. Da previsión de instalación de asesos durante o mes de agosto no que existen múltiples eventos.

Exit mobile version