Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS empata ante o Poio Pescamar FS 1-1

As laranxas xogaron un partido destacable, xerando un bo xogo e oportunidades, pero non puideron pasar do empate

Burela, 20 de agosto, 2022. O CD Burela FS empata na súa fase preparatoria, neste emocionante partido de pretemporada ante un rival cun equipo moi esixente, que se reforzou con xogadoras como Sandra Buzón e Elena Aragón.

Primeira parte con moi bo xogo por parte das guerreiras laranxas. Ofrecían en Vista Alegre un xogo dinámico, fluído e con moitas ocasións de gol, con accións de todo tipo. Chegaron a ter 4 disparos ao poste, o primeiro de Dany, seguíndolle Antía, e dous de Cilene, un de Penalti. A pesar de estar a xogar mellor con máis oportunidades, o Poio ía ir con vantaxe ao descanso de 0-1 coa súa única chegada que convertería Rocío Gómez no minuto 17 demostrando unha efectividade do 100%.

A segunda parte sería similar á primeira, o CD Burela FS seguía circulando o balón moi rápido, combinando con sincronía e xerando moitas oportunidades, cun equipo visitante que se dedicaba a estar forte en defensa. Non tardarían empatar o partido, xa que no minuto 24 Emilly marcaba un golazo rematando unha xogada elaborada polo equipo. A pesar de non ter tantas oportunidades como na primeira metade, o CD Burela FS chegaba con moito perigo, e despois do gol Emilly volvería ter outro espectacular disparo ao traveseiro. A ocasión máis clara para poñerse por diante teríaa Dany no minuto 39, despois dunha xogada individual de Peque que a asistiu de luxo, pero detiña Elena crucialmente. Con isto, finalizaría o partido en táboas, co resultado definitivo de 1-1.

Ficha técnica

CD Burela FS: Jozi, Dany, Masha, Antía, Peque, -Cinco Inicial- Cilene, Lola Muñoz, Patricia, Emilly y Evelina.

Poio Pescamar FS: Sandra Buzón, Dupuy, Anna, Luci, Marta, -Cinco Inicial- Martita, Laura Uña, Elena Aragón, Irene, Dani Sousa, Rocío Gómez, Andrea Alvite, Agostina y Elena.

Goles: Min 17 Rocío Gómez 0-1; Min 24 Emilly 1-1;

Equipo arbitral: BELLO GÓMEZ , BUJÍA PIÑEIRO-VARELA, PENA PORTA. Cartón amarelo a Dupuy.

Incidencias: Partido amigable disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.

Exit mobile version