Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS gaña no seu segundo partido de pretemporada ante o Ourense Envialia

As laranxas gañan 4-3 ante un rival que sempre lles exige o seu máximo nivel

Burela, 17 de agosto, 2022. As guerreiras gañan no seu segundo partido de pretemporada contra o Ourense Envialia por 4-3. O conxunto adestrado por Julio Delgado, logra a vitoria ante un rival moi complicado, remontando un partido que ao descanso ían perdendo 0-2.

A primeira parte comezou cun Burela FS con protagonismo, tendo intensidade e as ocasións máis importantes. Con todo, o seu xogo íase diluír por un Ourense que estaba moi ben estruturado, combinando ben e xerando oportunidades á contra. A ocasión máis clara para as laranxas sería un contragolpe que Dany estivo de finalizar no ecuador da primeira parte. A partir dese momento, o Ourense ía anotar dous goles, o primeiro de Zaide no minuto 12, tras un desbaraxuste en defensa das laranxas e o segundo de Clara no minuto 15 tras unha xogada do equipo Ourensán á contra. O marcador ía ir deste xeito ao descanso co Burela FS tentando recortar distancias.

Todo o guión do partido cambiaría na segunda parte, na cal nada máis iniciarse o Burela FS no minuto 22 xa recortaba distancias por mediación dun disparo de Peque, aproveitando unha xogada sensacional individual de Antía. Dous minutos despois Emilly recibía unha asistencia de luxo nesta ocasión de Peque, para empatar o partido. O Ourense tamén tería un disparo de Sara Moreno que non entraría na portería da debutante Lola. Con todo, as laranxas estaban a ser máis insistentes en ataque elaborando un bo xogo. Froito desa insistencia, anotaría Emilly o terceiro no minuto 33, cun trallazo despois dunha asistencia de Antía. Cando o Burela FS parecía que se podía levar o partido, chegaba o empate do Ourense no minuto 37 con gol de Candela Soria. Non obstante o partido non se ía a acabar así, pois Cilene de falta cun golazo poñería o 4-3 definitivo a un minuto do final.

Ficha técnica

CD Burela FS: Evelina, Dany, Antía, Emilly ,Peque, -Cinco Inicial- Cilene, Lola Muñoz, Masha y Patricia.

Ourense Envialia: Vane, Chiki, Sara Moreno, Jenni Lores, Judith -Cinco Inicial- Candela Soria, María Estévez, Vero, Clara, María Arias, Uxia, Zaide e Inés.

Goles: Min 12 Zaide 0-1; Min 15 Clara 0-2; Min 22 Peque 1-2; Min 24 Emilly 2-2; Min 33 Emilly 3-2; Min 37 Candela Soria 3-3; Min 39 Cilene 4-3

Equipo arbitral: COELLO MARTÍNEZ , MENÉNDEZ NISTAL- DE LUIS IGLESIA, A.

Incidencias: Partido amigable disputado no pavillón Vista Alegre de Burela.

Exit mobile version