Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS perde nos penaltis contra o Noia Portus Apostoli despois de acabar nos 40 minutos 2-2

Os laranxas loitaron ata o último disparo de penalti, facendo moi bo partido

Burela, 27 de agosto, 2022. Inicio do partido moi disputado, sen nigunha ocasión clara e con ambos os equipos tentando poñer o seu dominio na pista. Aínda que fose un partido de pretemporada, é unha final, e os dous equipos estaban serios en pista sen cometer erros. Na primeira parte o Noia tentou facer algo máis en ataque, pero non eran accións moi perigosas para Bruno. O partido avanzaba con máxima igualdade no marcador, e cando parecia que ía finalizar a primeira parte en empate, os laranxas encaixan un gol duro a falta de segundos para o asubío do descanso. Anotaría o pivote Bruno Gomes tras unha xogada de estratexia desde a banda.

No inicio da segunda parte tería unha ocasión crave Nito para empatar, pero non non acabaría dentro da portería. A partir dese momento, o partido ía ter un guión parecido ao da primeira parte, cun Noia xerando accións de gol pero non con moita profundidade e un Burela FS defendéndose ben. Con este método, ía chegar o empate de Pitero no minuto 32 cun un golazo facendo un disparo á escuadra. Os minutos finais transcorrerían de igual forma, e o Noia adiantaríase con outro gol de Bruno Gomes de estratexia que pon o 2-1 coa cabeza. O CD Burela FS tería algunha ocasión clara para empatar e nunha delas Pitero empataría o partido a cinco segundos do final.

O gañador do torneo decidíuse na tanda de penaltis, e non foi ata o oitavo lazamento no cal se proclamaría vencendor o Noia parando Gozi a Alberto Mirás nun partido moi igualado.

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli: Gozi, Marcelo, Edu Jabá, Neguinho, Bruno Gomes, -Cinco Inicial -Lluc , Rafinha, Pirata, Henrique, Power, Neguinho, Alisson

CD Burela FS: Bruno, Isma, Rikelme, Lucho, Pitero, –cinco inicial- David Pazos, Nito, Albero Mirás, Antón Arnejo, Kaluza, e Eloy .

Goles: Min 19 1-0 Bruno Gomes; Min 32 Pitero 1-1; Min 37 Bruno Gomes 2-1, Min 39 Pitero 2-2

Árbitros. Amor Vizoso e Menéndez Nistal. Cartóns amarelos a Antón Arnejo, Lucho y David Rial polo Burela. Cartón amarelo a Gozi y Marcelo por parte do Noia.

Incidencias: Partido amigable correspondente á final do V Trofeo Portus Apostoli. Pabellón Agustín Mouris.

Exit mobile version