O Concello de Foz quere transmitir as súas condolencias a familiares e amigos. En palabras do alcalde, Fran Cajoto, “é un día de perda: os focegos sentímonos orfos, baleiros. Espallou o bo nome de Foz por todos os recunchos de Galicia e fóra dela e fixo grandísimas achegas ao noso concello: Feira do Libro, Asociación de Comerciantes, Feitizo… Seguimos en débeda con el, aínda tendo a satisfacción de que en xullo do pasado ano puidemos homenaxealo como se merecía, en vida”.