Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo comezará a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas o 12 de setembro

Ribadeo, 17 de agosto de 2022. O alcalde en funcións, Pablo Vizoso, anunciou a través dun Bando que o 12 de setembro dará comezo a recollida porta a porta dos plásticos agrícolas, servizo que ofrece o Concello de Ribadeo.

As explotacións que necesiten este servizo deberán solicitalo antes do 9 de setembro chamando ao teléfono do Punto Limpo Municipal 664 00 09 32, dentro do seu horario, que é de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas e os sábados de 9:00 a 13:00 horas.

Pablo Vizoso subliñou no Bando que “esta recollida comezará o 12 de setembro e prolongarase os días que sexan necesarios para atender todos avisos de recollida recibidos”.

Dende a Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo agradecen a máxima colaboración e piden que, para que o servizo se preste nas condicións idóneas, “as explotacións que precisen a recollida procuren ter os plásticos en lugar adecuado e facilmente accesible para o camión da recollida”.

Exit mobile version