Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo esíxelle á Autoridade Portuaria que adopte dunha vez por todas as medidas procedentes a garantir o libre tránsito e acceso á Illa Pancha

Ribadeo, 12 de agosto de 2022. Nun escrito enviado este venres á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao o alcalde, Fernando Suárez, esíxelle a ese organismo que adopte dunha vez por todas as medidas procedentes a garantir, sen traba nin indicación algunha, o libre tránsito e acceso á Illa Pancha. O rexedor alude a unha posible prevaricación por acción ou omisión e non descarta recorrer á Fiscalía.

Na comunicación ponse de manifesto que os informes de control realizados pola Policía Local nos días de onte e hoxe, 11 e 12 de agosto de 2022, constatan a nula vontade do concesionario Eirobra A Mariña SL, de cumprir coa sentencia que permite o acceso pública á Illa Pancha e mais ás instrucións recibidas desa Autoridade Portuaria que foron acordadas co Concello de Ribadeo días atrás.

O rexedor advirte que “á vista dos acontecementos e co fin de non incorrer en pasividade administrativa, por parte das autoridades competentes (Autoridade Portuaria e Concello) cada un dentro da súa parcela administrativa e responsabilidade, que poden chegar a supor unha prevaricación por acción ou omisión penada no código penal”.

A Alcaldía de Ribadeo resérvase o dereito, “para o caso de continuar o concesionario na actitude indicada” de dar conta á Fiscalía por desobediencia á autoridade.

Exit mobile version