A celebración será na segunda fin de semana de setembro
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o primeiro tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, acompañaron ao único integrante da comisión de festas na presentación, Jacobo Otero Regal. Dende o Concello de Viveiro agradecen a Jacobo o seu esforzo, xa que decidiu asumir a organización das festas malia ser a única persoa presente na comisión.
As festas celebraranse os días 9, 10 e 11 de setembro, incluíndo verbena, sesión vermú, festa dos callos, así como festa da espuma e toro mecánico, entre outras actividades.