Site icon Crónica3.com A Mariña

O GALP A Mariña-Ortegal celebrou a segunda quenda presencial este luns en Viveiro

Viveiro, 22 de agosto, 2022. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal, continuando co proceso de elaboración da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo iniciado no mes de xullo, celebrou a segunda quenda presencial este luns 22 de agosto, no Concello de Viveiro. Ao encontro asistiron medio cento de profesionais, representantes dos sectores pesqueiro, social, económico e público, así como colectivos de inclusión e de mulleres do territorio, que de forma participativa definiron os obxectivos sobre os que se deben perfilar os proxectos de futuro no marco da Estratexia
A sesión estivo estruturada en mesas de traballo participativas nas que se fixo unha exposición por sectores das propostas do plan de acción que orientarán a posta en marcha da estratexia no seguinte período de fondos FEMPA ata 2027, dando resposta aos principais retos que se definiron durante o proceso.

A próxima sesión celebrarase de forma telemática o 29 de agosto, a fin de facilitar a participación daqueles axentes que non pudieron asistir á presencial. Para máis información contacta co teu Galp: galp.mar.marinaortegal@xunta.gal ou no teléfono 604034748

Exit mobile version