Site icon Crónica3.com A Mariña

O mércores 24 celebrarase a tradicional Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte

Xove, 19 de agosto, 2022. Este vindeiro mércores, 24 de agosto, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional Feira en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.

A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, quen levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.

O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13:30 horas: Sesión Vermú con JOSÉ ANIDO.
-17:30 horas: Verbena co grupo JOSÉ ANIDO.

No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, haberá dúas modalidades cos seguintes premios:
a) Concurso de “Maior número de reses vacunas na Feira”:
1º premio: 90 €uros
2º premio: 70 €uros.
3º premio: 50 €uros.
4º premio: 40 €uros.
5º premio: 30 €uros.
6º premio: 20 €uros.

b) Concurso de “Maior número de reses cabalares na Feira”:
1º premio: 90 €uros
2º premio: 70 €uros.
3º premio: 50 €uros.
4º premio: 40 €uros.
5º premio: 30 €uros.
6º premio: 20 €uros.

Todos os participantes no concurso gandeiro de maior número de reses deberán levar: carta de saneamento no caso de gando vacuno e microchip e libro no caso de gando cabalar.

Como en anos anteriores, para aqueles que desexen xantar no lugar, na Feira haberá varios chiringuitos con comida (polbo, churrasco, panadería, etc.).

Xa pola tarde, haberá concurso de marcha a partires das 17:30 horas, cos seguintes premios en cada unha das dúas modalidades: menos de 1,50 mts e máis de 1,50 mts.:
1º premio: 90 €uros
2º premio: 70 €uros.
3º premio: 50 €uros.

Os cabalos van ser medidos por un xuiz.

Para poder participar no concurso de marcha, os cabalos participantes deberán estar asegurados con seguro de responsabilidade civil e autorizados para participar neste tipo de probas.

Dende a Comunidade de Veciños Costa de Laxamoura convidan a todos os veciños de Xove e visitantes a desfrutar dunha xornada festiva agrogandeira nun marco incomparable.

Exit mobile version