Site icon Crónica3.com A Mariña

O Vencello organiza o martes unha charla informativa para abordar diversos temas de interese para Burela

Burela, 25 de Agosto de 2022.- O vindeiro martes, 30 de agosto, a partir das 20,00 horas da tarde, o salón de conferencias municipal (antiga biblioteca) do Concello do Burela acollerá unha charla informativa na que os responsables da Asociación de Veciños ‘O Vencello’ abordarán diversos temas de actualidade que afectan á veciñanza do concello.

A charla é aberta ao público e nela está previsto que a directiva do ‘Vencello’ informe do que coñecen a cerca de temas de interese veciñal que están en boca de todos na vila.
O cemiterio da Puída, o inventario municipal, o urbanismo, o recente bando sobre fincas urbanas e de montes, ou as obras que está a acometer o Goberno Municipal serán algúns dos temas dos que se falará.

Dende O Vencello convidamos a todos os veciños e veciñas de Burela a asistir a este relatorio que afecta a todos os cidadáns da vila.

Exit mobile version