Site icon Crónica3.com A Mariña

Pablo Vizoso en Remourelle: “Desde o Concello estamos sempre dispostos a colaborar cos colectivos veciñais”

Ribadeo, 21 de agosto de 2022. Os concelleiros de Turismo, de Medio Rural e de Obras, Pablo Vizoso, Marcos Villamil e Mónica Freire, asistiron á XV Festa da Carne ao Caldeiro, que se celebrou onte en Remourelle.

O edil de Turismo e Desenvolvemen Local tivo palabras de agradecemento para a asociación de veciños da Madanela “polo traballo desenvolvido para que a festa tivese lugar de novo, tras os anos marcados pola pandemia da covid. Desde o Concello de Ribadeo estamos sempre dispostos a colaborar cos colectivos veciñais do noso concello”.

Durante a tarde de onte tivo lugar o torneo de bolos en homenaxe a Américo Pérez. Pablo Vizoso dixo que “foi un momento moi emotivo no que se rendeu homenaxe a Américo, a persoa que recuperou a práctica deste deporte e que estivo moi presente na xornada de onte entre todos nós”.

O tamén alcalde en funcións subliñou que “todo saíu moi ben. Foi unha xornada para compartir conversas e momentos coa veciñanza de Remourelle e doutras parroquias de Ribadeo”.

Exit mobile version