Site icon Crónica3.com A Mariña

@s nen@s que participan no programa Ludiverán – Xogando en igualdade do Concello de Alfoz participaron no obradoiro ‘Ti si que es un bo peixe’

Durante o obradoiro, realizado en colaboración coa Consellería do Mar, mergulláronse na historia das personaxes protagonistas e aprenderon a identificar diversidade de peixes e mariscos, as súas características, as formas de captura e como con pequenos xestos poden contribuir a coidar o medio mariño e á súa sustentabilidade. Ademais, aprenderon a importancia de consumir produtos do mar para manter unha dieta sa e equilibrada e algunhas das propiedades nutricionais de peixes e mariscos que consumimos habitualmente.

Exit mobile version