Site icon Crónica3.com A Mariña

SON Viveiro-SON en Común interésase pola caída parcial dunha vivenda de Xunqueira afectada pola riada hai tres anos

Viveiro, 4 de xullo, 2022. SON Viveiro-SON en Común, a través da sua nova concelleira, Maria José Basanta, levou ao pleno do pasado martes un rogo no que se plantexaba cales ían a ser as medidas a tomar polo Concello ante a caída parcial dunha vivenda de Xunqueira afectada pola riada fai tres anos. Dito rogo que, polo momento non foi respondido polo equipo de goberno, parece entrar na dinámica de pasividade á que xa estamos acostumados por parte das administracións locais, provinciais e mesmo autonómicas.

Se ben é certo que tanto Augas de Galicia, Deputación Provincial e o propio Concello de Viveiro asinaron un convenio de colaboración, pasados tres anos e oito meses da riada a única actuación que lle consta a veciñanza de dito barrio produciuse a semana pasada, cando Augas de Galicia colocou un dispositivo para predicir posibles asolagamentos. Dende o noso grupo municipal esperamos unha rápida resposta e unha pronta actuación por parte das administracións pertinentes para non ter que lamentarnos nun futuro.

Exit mobile version