Site icon Crónica3.com A Mariña

Tres menores e dous adultos foron rescatados despois de envorcar a lancha na que navegaban en Foz

Foz, 22 de agosto, 2022. As cinco persoas foron evacuadas sas e salvas á praia de Altar, logo de ser rescatadas tres delas por un particular que utilizou unha táboa de surf. Pola súa banda, as outras dúas persoas foron achegadas a terra nunha embarcación.

Sucedeu nas proximidades do porto de Foz, ao fío das 14:00 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta dos feitos a través de varias persoas particulares.

Acto seguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero Pesca-II ata a zona.

Tamén, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso á Policía Local, á Garda Civil, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Protección Civil de Foz e de B

Exit mobile version