Site icon Crónica3.com A Mariña

Un camión de leite envorca na A-8 ó seu paso por Vilalba

Vilalba, 18 de agosto, 2022. O sinistro causou lesións a un camioneiro que circulaba pola A-8, á altura do punto quilométrico 569, sentido A Coruña.

Nesta ocasión, tratouse dunha saída de vía dun vehículo de transporte de leite e foi necesario empregar o material de excarceración para liberar ao ferido. Tamén, o helicóptero medicalizado con base en Ourense foi mobilizado ata o lugar do accidente.

Ocorreu moi preto das 17:30 horas de hoxe e, ademais do equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, acudiron ao lugar os Bombeiros de Vilalba, os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Igualmente, foi requirida a colaboración do servizo de mantemento da vía debido á necesidade de restrinxir a circulación nos carrís interiores, en ambos sentidos, ata o restablecemento das condicións de seguridade.

Exit mobile version