Site icon Crónica3.com A Mariña

Un incendio calcina unha nave industrial dedicada ao transporte de material agrícola en Riotorto

O lume queimou diversa maquinaria, rolos de herba seca e pneumáticos no interior do local, sen que se rexistrasen danos persoais. Os feitos sucederon na Rúa da Grova, uns minutos antes das 01:00 horas da pasada noite. Nese momento, unha persoa particular alertaba do incendio ao 112 Galicia. De xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Barreiros, do GES da Pontenova e dos axentes da Garda Civil. Ademais, desde o 112 Galicia informouse, como medida preventiva, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ás autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.

Exit mobile version