Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuventudes Socialistas: “A Feijóo preocúpalle o Falcon, mentres el privou de movemento á Mariña”

As Xuventudes Socialistas de Galicia estiveron en Foz recollendo firmas para unha ILP que busca mellorar a conexión interurbana no país

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2022. As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) presentaron en Foz a campaña “aBUSar nunca foi TRENdencia” onde denuncian o desleixo dos principais servizos de mobilidade no país: o tren e o autobus.

A primeira fase da campaña consiste na recollida de firmas para unha ILP que busca repercutir os beneficios extraordinarios da Xunta en impostos na mellora da conexión interurbana de bus no país. Precísanse de 2500 e a día de hoxe xa levan máis de 350, obxectivo máis que superable dado “o esgotamento da cidadanía de non poder viaxar libremente e con boas conexións polo país”.

Xurxo Doval, secretario xeral nacional, denunciou que “impedir que a mocidade viaxe libremente pola comarca sen servizos de conexión interurbana non é un política de reto demográfico, é un secuestro camuflado”.

O líder socialista falou de “demagoxia por parte de Feijóo ao intentar camuflar a súa falta de proxecto político co Falcon cando el en 12 anos privou de movemento á Mariña Lucense”.

Fran Cajoto, alcalde de Foz, sinalou que “non existe posibilidade de desprazamento a través do autobús, son os pais os que se xuntan a través de iniciativas particulares para cubrir este déficit”.

Tamén estivo presente a deputada autonómica Patricia Otero quen lle lembrou á Xunta que “asuma o reto de bonificar un 20% con fondos propios os servizos de transporte de competencia autonómica como solicitamos o Grupo Parlamentario”.

Entre as medidas que se recollen na ILP destacan: extensión das bonificacións da Tarxeta Xente Xoven aos menores de 30 anos; compensacións por retrasos; garantía de conexión diaria do rural; e garantía de cumprimento dos pregos de contratación.

Exit mobile version