Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación PRATO_DO coordina este domingo a limpeza simultánea “Móllate polos ríos” no Landro

Viveiro, 20 de setembro, 2022. A XV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrará este ano en 41 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 60 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados, tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta décimo quinta edición. A limpeza que será o 25 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 41 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

En Viveiro realizará a coordinación da limpeza do Río Landro a Asociación
PRATO_DO.
● Lugar: Rampla detrás Hotel Urban
● Horario: de 11:00 a 13:30h
● Inscripcións: iniciativapratodo@gmail.com / 617 461 723

Os/as voluntarios/as serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza.

Recomendacións para as persoas voluntarias
Para o día da limpeza lembrar que os materias precisos ou recomendables son:
-Luvas (mellor que cada voluntario/a traia as súas da casa).
-Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).
-Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).
-Bolsas grandes ou sacos para recoller o lixo (en cada grupo de 10 tres ou catro persoas
con bolsa).
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a
finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas
problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a
mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
A Asociación PRATO_DO traballa como axencia de innovación sostible. Entidade
sen ánimo de lucro que ten por obxecto mellorar a calidade de vida das persoas
promovendo a participación da cidadanía a través do desenvolvemento sostible definido nos #ODS da #Axenda2030. CREANDO ACCIÓNS DE CAMBIO POR UNHA VIDA MELLOR
PARA AS VINDEIRAS XERACIÓNS en ámbitos como #investigacion #educacion
#emprendemento #voluntariado #turismo.

E no ámbito do voluntariado ambiental realiza actividades tanto para entidades
públicas como empresas privadas, sendo parte da rede de Voluntariado Galego da Xunta de
Galicia. O curso 2021-2022 foi a encargada de coordinar a limpeza da praia de Covas entre varios centros educativos. Neste curso 2022-2023 continuará coa limpeza de ríos entre a comunidade educativa.

Exit mobile version