Site icon Crónica3.com A Mariña

A Peña Barcelonista San Miguel comeza a tempada do seu 25 aniversario

Barreiros, 6 de setembro, 2022. A Peña Barcelonista de San Miguel de Reinante, comeza unha nova temporada, na que logo destes anos coas actividades limitadas pola pandemia COVID, tentará voltar á normalidade organizando varias actividades para celebrar o seu 25 aniversario.

A Peña fora fundada a finais do ano 1997 e dende aquela non deixaron de celebrar xuntanzas para ver partidos, comidas e viaxes para animar ó equipo do seu corazón, o FC Barcelona.

Nesta tempada, pretenden celebrar varias actividades, para voltar a unha certa normalidade e para celebrar especialmente que cumplen 25 anos de existencia.

A actividade máis próxima será unha churrascada que será este vindeiro sábado, un eventeo moi esperado polos socios, porque é o momento do reencontro logo do verán, e o día no que se deciden as viaxes que se organizarán na tempada.

Ademáis desta churrascada, os barcelonistas teñen previsto viaxar a Barcelona antes do parón ligueiro, co fin de asistir a un partido de fútbol no Camp Nou antes da sua remodelación. Máis avanzada a tempada programarán outro desprazamento a outra cidade española para animar ó Barça.

Asimesmo organizan un par de comidas ou cenas ó longo da tempada, así como moitas reunións para ver por tv os partidos todos xuntos.

Este sábado, tamén se analizarán todas as propóstas de actividades para celebrar as vodas de prata, que os socios aporten, co fin de tentar de que este ano futbolístico sexa unha festa continua.

As persoas interesadas en saber máis sobre o funcionamento da peña, facerse socios ou anotarse para a churrascada (20€ por persoa), poden chamar ó tfno 649 57 13 60 ou mandar un correo a pbsanmiguel@yahoo.es

Exit mobile version