Site icon Crónica3.com A Mariña

A Policía Nacional detivo en Viveiro á autora dun delito de tráfico de drogas

Tendo coñecemento da existencia dun posible punto de venda de substancias estupefacientes na localidade, iníciouse por parte desta Comisaria un dispositivo de vixilancia e control no lugar, que daba os seus froitos o pasado día 3 de setembro na Avenida de Lourdes, cando se procedía á detención dunha muller por un delito contra a saúde pública. A detida de de 52 anos de idade e con antecedentes previos, portaba cocaína e heroína entre a súa roupa, en doses preparadas para a súa venda. Ao día seguinte da súa detención foi posta a disposición xudicial.

Exit mobile version