Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobado o Orzamento para o ano 2023 do Consorcio Provincial de Bombeiros con 5,6M€

A Deputación de Lugo achega o 50% deste presuposto para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento cos parques de bombeiros de Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro na vindeira anualidade

Lugo, 29 de setembro de 2022. O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este xoves o Pleno desta entidade no que se aprobou un Orzamento de 5,6M€ para o ano 2023. A Deputación achega o 50% do presuposto.

Estes orzamentos garanten o funcionamento dos seis parques do Consorcio –Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro-, que contan con 20 efectivos cada un.

Dos 5.650.023,19M€ que contempla o Orzamento do 2023, un total de 4,5M€ están destinados a facer fronte aos salarios dos traballadores e traballadoras, 987.000€ a gastos correntes, preto de 90.000€ ao fondo de continxencia e 57.000€ a investimentos.

Polo que respecta aos ingresos, proveñen das achegas da Deputación e da Xunta de Galicia a partes iguais e de UNESPA (Asociación Empresarial del Seguro).

Exit mobile version