Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza este mércores o I Torneo de Pádel Concello de Viveiro

Viveiro, 6 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro acolle desde mañá e ata o domingo, día 11 de setembro, o I Torneo de Pádel Concello de Viveiro.

Na presentación do campionato participaron esta mañá a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o tenente de alcalde, Xesús Fernández, e membros do Club de Pádel Ego de Viveiro.

Haberá varias categorías: Primeira Masculina; Segunda Masculina; Iniciación; Mixta, e Feminino. Ademais, o evento, nas pistas de Area, contará con DJ, speaker, sorteos e máis sorpresas.

“O pádel é un deporte en auxe moi practicado por persoas por todas as idades, polo que desexamos que sexa a primeira de moitas edicións deste torneo”, asegurou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Exit mobile version