Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega: “Alégranos que despois de máis de 20 anos pedindo á Deputación o arranxo das estradas por fin comecen as labores de acondicionamento”

Desde o grupo municipal popular esixen á Deputación de Lugo que “rematen os arranxos da estrada de Vilela e que “sexa máis ambiciosa” para acondiconar tamén o resto de estradas provinciais que están en situación de abandono

Ribadeo, 12 de setembro de 2022. O voceiro do PP de Ribadeo, Dani Vega, afrima que “alegrámonos moito que despois de máis de 20 anos pedindo que se pavimente e acondicone as estradas municipais do noso concello á Deputación de Lugo, por fin comecen cos traballos para rehabilitalas”.

En concreto, o popular refírese ás obras acometidas coa inversión da Deputación de Lugo na estrada de Vileva, “estrada que pasa ao carón do Gregorio Sanz e do campo de fútbol, xusto o tramo no que o pavimento está destrozado”. Ademais, Vega resaltou que “son estradas moi perigosas porque non existe ningún tipo de pintura e separación de carrís”.

Desde o grupo municipal popular instan á Deputación de Lugo a ser máis ambiciosa coa súa xestión e que comece a xestionar as obras para o acondicionamento das estradas das parroquias de Ribadeo que están en moi mal estado como “as estradas de Santalla, Arante e na Devesa”. Dani Vega explica que “agora que chegan as eleccións parece que hai que facer todo rápido e correndo. Son moitos anos sen invertir nas infraestructuras de Ribadeo e agora acórdanse”.

Por outra banda, o popular agradece aos veciños por manifestarse e reivindicar á Deputación máis inversións para Ribadeo e as súas estradas, pois “nós presentamos mocións no Concello e na Deputación e sempre eran boas palabras pero nunca chegaban os feitos”.

Exit mobile version