Site icon Crónica3.com A Mariña

En marcha a edición 2022 das Carreiras Monte Comado en Barreiros

Barreiros, 22 de setembro, 2022. A asociación deportivo cultural Praias de Comado ten en marcha os trámites para a organización das carreiras Monte Comado.

Nesta ocasión serán os días 15 e 16 de outubro, recuperando o formato previo á pandemia.

A novidade para esta edición é a incorporación dunha andaina, que se celebrará o sábado 15, xunto co tradicional 1/2 km vertical e coas carreiras infantís.

Tanto a andaina como a carreira vertical terán saida na praia de Arealonga (Santiago de Reiante-Barreiros), mentres que as carreiras infantís serán no propio cumio do Monte Comado, sitio dende onde se teñen as mellores vistas do litoral mariñán.

Xa para a xornada do domingo 16, están previstos dous trails, un curto de 12 km e outro de 27 km. Como novidade, destacar que ambolos dous terán saida e meta na praza do Souto de San Miguel de Reinante.

Estas carreiras están incluidas no circuito de carreiras populares “+ km Barreiros”, que organiza o propio Concello. Ademáis do Concello, tamén colaboran coa entidade organizadora, a Deputación de Lugo e Delegación provincial de deportes da Xunta de Galicia.

Toda a información está reflexada na páxina web das carreiras https://mediokmverticalmontecomado.jimdofree.com/, así como na sua páxina de Facebook.

As inscripcións estarán abertas dende o 16 de setembro ata o día 12 de outubro.

Exit mobile version