Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo celébrase a I Carreira Popular Alfoz-Valadouro

Alfoz, 15 de setembro, 2022. A I Carreira Popular Alfoz-Valadouro terá lugar o domingo 9 de outubro con saída no Castelo de Castrodouro de Alfoz e remate no Pavillón Municipal de Ferreira do Valadouro.

Organizada a través dun convenio ente ambos municipios, sendo o Concello de Alfoz o organizador principal en 2022 e alternándose en anos sucesivos, contando coa total coordinación e colaboración das respectivas Concellalías de Deportes e os seus responsables Eliseo Teijeiro no Valadouro e César Marrube en Alfoz.

Destacamos ademais a colaboración de Manuel Otero , Xefe do Servizo de Deportes de Lugo da Xunta de Galicia para a realización deste evento deportivo quen nos acompaña na presentación da I Carreira Popular Alfoz-Valadouro 2022

Agradecemos tamén a Manuel Eiras, responsable da Run Foz Run a súa axuda e asesoramento na organización da proba.

As inscricións e regulamento da proba, están dispoñibles en Champion Chip Norte, https://ccnorte.com/evento/index/page/5? E Tour Mariña https://xn--tourmaria-s6a.com/es/web/evento/2392/.

Data límite para as inscricións: 5 de outubro.

A saída nesta edición será desde o Castelo de Castrodouro (Alfoz) onde ás 9:00h realizarase a entrega dos dorsais. Os horarios previstos segundo a categoría son:

10:00h Andaina

10:30 Absoluta (2006 e anteriores)

11:15 Pícaros (2015 e anteriores)

11:20 Benxamín (2013-2014)

11:25 Alevín (2011-2012)

11:35 Infantil e Cadetes (2007-2010)

O percorrido será de 5km nos termos municipais de Alfoz e Valadouro, onde rematará á categoría absoluta e se levará a cabo tamén a saída das categorías de menores que percorrerán as distancias correspondentes no entorno do Pavillón Municipal do Valadouro onde se ubica o punto de chegada para todos e todas as participantes.

Contarase coas instalación deportivas do pavillón, xinmasio e piscinas municipais do Valadouro para o uso de duchas e vestiarios para os corredores e corredoras.

No pavillón habilitarase unha zona de avituallamento tras a carreira e a entrega de premios está programada para as 12:30h, onde se entregarán os trofeos e medallas aos gañadores e gañadoras das distintas categorías.

O percorrido, de 5km, non é excesivamente longo nin presenta dificultade, algo que consideramos fundamental para facelo o máis accesible posible ao maior número de persoas, especialmente a aqueles e aquelas que están comezando a practicar este deporte e así contar cun amplo número de participantes. Do mesmo xeito, se adaptan as distancias para os máis pequenos e en ambos casos se trata de traxectos sinxelos.

Exit mobile version