Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo celebráse en Foz o Día da Bici

Foz, 22 de setembro, 2022. A concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez Leivas, presentou hoxe unha nova do Día da Bici.

A inscrición previa será obrigatoria e poderá realizarse mediante o correo electrónico: bici@concellodefoz.es ou a través dos perfís do Concello nas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram). Tan só deberán remitirse os seguintes datos ata o 24 de setembro: nome e apelidos, data de nacemento e teléfono.

A saída será ás 11:30h desde o parque infantil de tráfico, a onde voltaremos despois de dar un agradable paseo pola zona das praias.

Ao finalizar o paseo sortearemos unha bici e outorgaremos os premios á bici mellor engalanada, mellor disfraz, máis nova/o e máis veterano/a. O uso do casco será obrigatorio.

A concelleira agradece a colaboración de Policía Local, Protección Civil, Club Ciclista e Motos Baltasar, sen os que non sería posible a celebración deste evento.

Exit mobile version