Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo celebrouse o Campionato Galego de Tiro ao Prato, na modalidade de Foso Olímpico, no campo de tiro de San Roque en Viveiro

Viveiro, 12 de setembro, 2022. Resultou gañador e campión galego o equipo formado polo mariñán José Manuel Anido e os seus compañeiros Yago Lanzós e Víctor Domínguez, todos eles do equipo Excopesa e cartuchos JG e pertencentes á sociedade “Pena da Revolta”. En segundo lugar, quedou o equipo “Río Sar” de Santiago de Compostel,a e subiron ao pódium en terceira posición os compoñentes do equipo local

O equipo campión representará a Galicia no campionato de España que se celebrará o vindeiro mes de setembro no campo de tiro de La Bastida en Toledo.

Exit mobile version