Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado terá lugar en Foz unha homenaxe a Ceferino Díaz

Foz, 7 de setembro, 2022. A Asociación Amigos de Ceferino informa de que este sábado 10 de setembro de 2022 en Foz terá lugar unha homenaxe á figura de Ceferino Díaz Díaz.

A homenaxe estará composta por tres actos:
. Ás 12:30 faremos unha ofrenda floral no monolito colocado na honra de Ceferino Díaz Díaz no paseo marítimo de Foz (Avenida do Cantábrico á altura do número 61)
. Ás 13:00 terá lugar unha mesa redonda no Hotel Isla Nova que contará coas seguintes intervencións:
Moderadora: Noa Díaz Varela – deputada autonómica polo PSdeG-PSOE
Participantes:
Francisco Cajoto Caserío – Alcalde de Foz
Pablo Moreda Gil – Alcalde de Cedeira
Margariña Valderrama Currás – Profesora xubilada e política
Ernesto Sánchez Pombo – Xornalista.
. Ás 14:30 xantar de confraternización no restaurante As Brasas.

Exit mobile version