Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe a Ceferino Díaz en Foz

Foz, 10 de setembro, 2022. A asociación Amizades de Ceferino volveu á súa actividade cunha nova homenaxe ao ex-dirixente socialista Ceferino Díaz, celebrada hoxe en Foz.

A xornada comezou no Paseo da Rapadoira, cunha ofrenda floral diante do monólito adicado na honra do ex -deputado, un acto no que participou o secretario de organización do PSdeG, Jose Manuel Lage Tuñas.

Tamén houbo espazo para o debate cunha mesa redonda, baixo o titulo ‘Mudaron as formas de facer política?’, unha conversa que moderou Noa Díaz (Deputada Autonómica e filla do homenaxeado). E na que interviron tamén o xornalista Ernesto Sánchez Pombo, a militante Carmen Margariña Valderrama Currás ( a primeira muller que formou parte da Executiva Nacional galega do PSdeG), e os alcaldes socialistas de Foz e Cedeira, Francisco Cajoto Caserío e Pablo Moreda. O encontro rematou cun xantar de confraternidade no Restaurante As Brasas.

Exit mobile version