Site icon Crónica3.com A Mariña

Lugar das Marías acolle a primeira exposición na Mariña do artista Lázaro Louzao

Xove, 6 de setembro, 2022. Este venres ás 20:00h. terá lugar a inauguración da primeira exposición de Lázaro Louzao na Mariña Lucense. Lugar das Marías acolle a mostra Na parte baixa da escaleira asinada polo artista e director de cine xovense e inspirada nunha cita do novelista francés Jean Genet (Todas, os milhomes e os setesaias, os maricas, os mandilóns, as maricallas de quen vos falo están reunidos na parte baixa da escaleira).

Lázaro Louzao (Xove, 1988) leva 15 anos traballando no eido da fotografía artística, con máis dunha ducia de exposicións individuais ata o momento e participando en diversas colectivas dentro e fóra do estado.

Iniciase no mundo do cine en 2013 como director, produtor e guionista, facendo tres curtas e unha longametraxe, Nove de Novembro (2018), a primeira de temática LGTB rodada en galego, que xira por todo o mundo en mais dunha vintena de festivais e se proxecta en salas e pantallas de toda Galicia.

En 2020 recibe o XVI Premio Marcela e Elisa á visibilidade LGTB pola súa obra e a comezos de 2022 publica Palpar a Pel, libro que recolle a súa obra fotográfica de espidos masculinos, con prólogo de Abel Azcona e epílogo do colectivo Los Picoletos.

A partir deste venres, 9 de setembro, poderá visitarse a exposición durante as fins de semana no Lugar das Marías (A Rigueira-Xove) ata o 30 de outubro.

Exit mobile version