Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 18 de setembro unha saída ata As Pontes

A Mariña, 10 de setembro, 2022. Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 18 de setembro unha saída ata o concello das Pontes para coñecermos a súa historia e mailo seu patrimonio. Pola mañá, visitarase a exposición arqueolóxica “Man a man”, continuaremos cun percorrido pola historia medieval deste concello e remataremos coa visita ao Museo Etnográfico Monte Caxado. Tras unha pausa para o xantar, reanudaremos as actividades da tarde achegándonos á historia industrial das Pontes. As diferentes visitas serán guiadas e dos pormenores da actividade informarase con máis detalle proximamente.

No caso de que haxa un número suficiente de persoas, o desprazamento realizarase en bus e reservarase o xantar polo que as persoas interesadas deberán facérnolo saber cantos antes, con límite ata o mércores 14 de setembro, para facermos as xestións necesarias. Para anotarse enviarase un correo a mr.patrimonio@gmail.com indicando o nome, se é socio/a ou non, e as opcións que lle interesan. O 15 de setembro comunicarase o importe e mailo número de conta de Mariña Patrimonio para facer o ingreso en función das opcións elixidas.

PREZO: POR DEFINIR, en función da opción que se elixa

SOCIOS.- BUS: 15€, XANTAR: 15€. Total: 30€

NON SOCIOS.- ACTIVIDADE: 5€, BUS: 15€, XANTAR: 15€. Total: 35€

Exit mobile version