Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo camión do servizo de recollida de lixo de Xove

Xove, 1 de setembro, 2022. O servizo de recollida de lixo, contratado a Urbaser, vén de presentar o novo vehículo. Trátase dun camión Renault Trucks, con caixa Ros Roca, que dispón de 16 metros cúbicos de capacidade. O vehículo ven cos novos motores menos contaminantes que cumpren a Normativa Euro 6.

A incorporación deste novo vehículo forma parte do contrato que ten Urbaser co Concello de Xove, e vai permitir mellorar a eficiencia da recollida de lixo no Concello. O camión vaise incorporar de maneira inmediata ao servizo de recollida, primeiro vaise adicar a recoller a fracción resto (contenedores verdes) e a fracción envases (contenedores amarelos); máis adiante adicarase a recoller a fracción orgánica.

A incorporación deste vehículo englóbase dentro dun programa de modernización dos servizos municipais de limpeza; neste sentido durante o mes de agosto tamén se incorporaron ao servizo unha nova máquina barredora e unha biotrituradora.

Exit mobile version