Site icon Crónica3.com A Mariña

O apoio á ILP sobre medidas urxentes para a atención primaria segue a ser masivo na Mariña

Mondoñedo, xoves 15 de setembro 2022. Na mañá de hoxe o BNG continuou en Mondoñedo coa campaña de recollida de sinaturas en apoio á ILP sobre medidas urxentes para a Atención Primaria que promoven colectivos sociais como SOS Sanidade Pública ou a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña. A sanidade pública de todo o país está a pasar por un dos peores momentos con múltiples problemas tanto na atención hospitalaria, coma na atención primaria.

Como é sabido, as políticas sanitarias do Partido Popular levaron a esta situación que se fai notar, e dun xeito moi acusado na nosa comarca, na Mariña, e tamén do centro de saúde do PAC de Mondoñedo donde a situación é desastrosa, donde había 4 médicos e agora quedan 3 pola amortización dunha praza por xubilación e dos 3 que quedan agora unha está de baixa desde antes do verao e só se cubre ás veces de forma moi puntual. Eloi Cabanas, portavoz municipal do BNG explica tamén que en agosto durante quince días estivo un profesional só non podendo este coller as vacacións que lle correspondían por non deixar o centro de saúde sen atención.

“A pasividade do PP é total ante esta problemática, pero non lles imos permitir que sigan xogando coa nosa saúde”, manifestou Eloi Cabanas.

Cabanas incide tamén nos problemas de pediatría, comúns a Lourenzá e Barreiros e tamén recordou a situación do centro de fisioterapia en Mondoñedo anunciado no 2020 e agora mesmo aínda sen aparatos nin persoal.

Exit mobile version