Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz lamenta que o goberno da Xunta inicie o curso escolar con novos recortes en todolos niveis educativos

Foz, 8 de setembro, 2022. A Comunidade Educativa do Concello de Foz, continúa a sufrir a politica de recortes do PP.

O BNG de Foz, acadara a aprobación do pleno o pasado mes de abril do apoio as xestións da equipa directiva do IES de Foz para implantar o ciclo de FP Dual de Turismo no IES de Foz. A Consellaría de Educación finalmente non o autorizou. Pero agardaban ainda mais recortes sobre o IES, ao confirmarse a perda de 6 docentes con respecto a plantilla do centro o pasado curso. Todo isto acontece cando nos orzamentos de 2022 as partidas destinadas ao ensino privado subvencionado (concertado), suben oito millóns de euros, alcanzando os 333,3 (14,5% dos fondos totais de Educación). En comparanza co ano previo á pandemia, 2019, a suba é aínda maior: 19 millóns de euros máis.

En educación infantil novamente crianzas en listas de agarda a pesar de contar no edificio da Galiña Azul de espazo infrautilizado po lo desinterese da Consellería. Por riba, a ameaza do peche do ciclo de adultos finalmente non executado mais que foi anunciado po la inspección segundo puido saber o BNG de Foz. Unha vaga de recortes que fan do goberno do PP un enemigo do ensino público. Dende o BNG de Foz continuamos a agradecer aos docentes dos centros de ensino e as suas equipas directivas o pulo por manter a calidade do sistema, orfos dunha Consellería centrada en propaganda e tesoiradas.

Exit mobile version